CALL FOR PAPERS: Revista Mazarelos – nº 8 (2022)

Mazarelos. Revista de Historia e Cultura, comunica a apertura da recepción de artigos para o vindeiro número 8, 2022.
Mazarelos é unha revista impresa e dixital que publica artigos orixinais en galego vencellados á Historia, ás Humanidades e ás Ciencias Sociais e que está indexada en DIALNET, LATINDEX e MIAR. A data límite para a recepción dos artigos é o 20 de marzo de 2022.
As normas de publicación pódense consultar a través de: https://www.mazarelos.gal/revista-mazarelos/normas-de-publicacion/