CALL FOR PAPERS: Sesión “Vivir ao límite da cidade na Castela Moderna. Centros incertos e marxes cambiantes”, no III Congreso da Asociación Iberoamericana de Historia Urbana

Faise unha chamada de traballos para a sesión “Vivir ao límite da cidade na Castela Moderna. Centros incertos e marxes cambiantes“, coordinada por Rubén Castro Redondo (Universidade de Cantabria) e Sylvain André (Sorbonne Université), dentro do marco do III Congreso da Asociación Iberoamericana de Historia Urbana “Repensando a cidade iberoamericana. Construíndo o pasado e deseñando o futuro” (Madrid, 22-25 de novembro de 2022).
A citada sesión, xa aceptada pola Comisión Organizadora do congreso, incluirá ademais tres ponencias invitadas polos coordinadores:
- Ofelia Rey Castelao (U. Santiago de Compostela) “Zonas grises das cidades do occidente galego ao final do Antigo Réxime en termos de xénero”
- Tomás A. Mantecón Movellán (U. de Cantabria) “Culturas, límites e marxinalidade nas cidades preindustriais”
- Juan Manuel Castillo Rubio (U. Pablo de Olavide), “Urbanismo e sociedade corporativa no século XVI: a construción da Bolsa de Comerciantes e a transformación do sector sur da zona urbana sevillana como proceso de negociación”
O prazo de presentación de propostas está aberto ata o 20 de abril de 2022 e debe dirixirse ao correo electrónico dos organizadores (ruben.castro@unican.es / sylvain.andre@sorbonne-universite.fr), incluíndo título, nome do autor ou autores, a súa adscrición institucional, un enderezo electrónico e un resumo dun máximo de 300 palabras. Toda a información en:
https://eventos.ucm.es/68253/section/31785/iii-congreso-de-la-asociacion-iberoamericana-de-historia-urbana.html