Ir ao contido principal

CALL FOR PAPERS: VI Congreso Portugués de Demografía (Lisboa, 2022) – ACTUALIZACIÓN

Do 13 ao 14 de outubro celebraranse o VI Congreso Portugués de Demografia en Lisboa baixo o tema (in)sustentabilidade demográfica. Os problemas de poboación cobran maior importancia en Portugal, Europa e o mundo cos cambios demográficos recentes, acentuando nalgúns casos tendencias que se remontan moi atrás. O debate sobre a (in)sustentabilidade demográfica organízase en torno a 9 seccións:
1. Demografía, políticas e perspectivas internacionais
2. Fecundidade, familias e nupcialidade
3. Mortalidade, saúde e Epidemioloxía
4. As migracións internacionais
5. Poboación, vivenda e desigualdades
6. Envellecemento e lonxevidade
7. Demografía, economía e políticas públicas
8. Mobilidades e territorios
9. Demografía e medio ambiente

A data límite para o envío de propostas ou posters é o día 03 de xullo de 2022. Todos os interesados deben mandar un resumo (ata 2000 caracteres) a través da páxina web da Asociación Portuguesa de Demografía (http://apdemografia.pt/, empregando o formulario). Admítense comunicacións en portugués, español, francés ou inglés.

Máis información: call_for_papers_VICPD_3_.pdf (mcusercontent.com)