Ir ao contido principal

CALL FOR PAPERS: VI Simposio Modalidades de resistencia nos imperios ibéricos. Da participación política ás formas cotiás de disidencia (1450-1850)

No marco do proxecto RESISTANCE: Rebelião e Resistência nos Impérios Ibéricos, sécs. XVI-XIX (778076-H2020-MSCA-RISE-2017), o Instituto de Ciências Sociais da Universidade de Lisboa e o CHAM – Centro de Humanidades da Universidade Nova de Lisboa e a Universidade dos Açores, presentan VI Simposio Modalidades de resistencia nos imperios ibéricos. Da participación política ás formas cotiás de disidencia (1450-1850). O simposio terá lugar en Lisboa, Portugal, os días 9 e 10 de febreiro de 2023.

Este simposio pretende reunir investigadores que traballan sobre as persoas pertencentes a “grupos de abaixo” e o seu papel na transformación da sociedade. Preténdese establecer un diálogo entre as investigacións que exploran a acción que estas xentes desenvolveron a través de diferentes formas de participación política e mediante prácticas cotiás de resistencia, que, en moitas ocasións, acabaron por deteriorar as estruturas sociais e políticas.

 

Os temas de especial interese son:

  • Vocabularios da oposición cotiá e no contexto da participación política
  • Desafíos á autoridade dende a participación política
  • Peticións e negociacións como actos de resistencia
  • Lugares de resistencia diaria
  • Patróns de resistencia e disidencia con pouca visibilidade pública
  • Modalidades de erosión das institucións
  • Contrabando, sabotaxe, ociosidade e outras formas de rexeitamento á orde establecida

Presentación de propostas:

O prazo remata o 20 de outubro de 2022.
Resumos: 250 palabras (máximo).
Os resumos serán aceptados en portugués, inglés e español.
Envíar un breve currículo xunto coa proposta.
Enviar todo ao correo electrónico: symposium6resistance@gmail.com

 

Organización:

Ângela Barreto Xavier (ICS); Pedro Cardim (UNL); Kevin Carreira Soares (ICS); Miguel Dantas
Cruz (ICS); Felipe Garcia de Oliveira (UNL); André Godinho (ICS); Mariana Meneses Muñoz
(UNL); Catarina Monteiro (UEVORA).

Project RESISTANCE. HORIZON 2020. Marie Skłodowska-Curie. RISE 2017- No 778076

 

[Máis informacións no pdf adxunto]

Descargar adxunto