CALL FOR PAPERS: VIII Congreso Internacional de Xoves Investigadores «Mundo Hispánico: Cultura, Arte e Sociedade» (maio, 2023)

O comité organizador das VIII XORNADA INTERNACIONAL DE XOVES INVESTIGADORES “MUNDO HISPÁNICO: CULTURA, ARTE E SOCIEDADE” convida a todos os interesados a participar neste encontro que se celebrará presencialmente na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de León os días 3, 4 e 5 de maio de 2023. Admitiranse comunicacións en formato online (a través de Google Meet) para aqueles que xustifiquen a súa imposibilidade de asistir fisicamente. Este congreso está concibido como un complemento ao programa de doutoramento “Mundo Hispánico: Raíces, Desenvolvemento e Proxección” da Universidade de León, e inclúe as liñas de investigación avaladas polo Instituto LOU de Humanismo e Tradición Clásica (IHTC) e o Instituto de Estudos Clásicos Medievais (IEM).
Todos aqueles investigadores non doutores (alumnos de doutoramento e mestrado de investigación) están convidados a participar coas súas propostas en calquera dos apartados ou liñas de investigación que aborda o congreso, e que se correspondan coas disciplinas humanísticas: Xeografía, Historia, Historia da Arte, Información e Documentación, Arqueoloxía, Antropoloxía, Filoloxía e Lingüística, todo no ámbito do mundo hispánico.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar cunha comunicación oral deberán enviar a súa proposta antes do 16 de xaneiro de 2023 (incluído).
Máis información: https://congresomundohispanico23.wordpress.com/