CALL FOR PAPERS: XII Xornadas Internacionales de Historia de España “Mundos Hispánicos: Historia – Cultura – Patrimonio” (Arxentina, 2022) – Actualizado!
Xa está aberta a inscrición para as XII Xornadas Internacionais de Historia de España “Mundos Hispánicos: Historia – Cultura – Patrimonio”, que se van a celebrar os días 8 e 9 de setembro de 2022 en Bos Aires, de xeito virtual e presencial. O encontro está organizado pola Fundación para a Historia de España en Arxentina. Todos os interesados en participar poden enviar as súas propostas de comunicación, relatorio, proxecto de investigación e/ou presentación de libros ata o 15 de xullo de 2022. Cada proposta deberá presentar: título, resumo e palabras clave en castelán, portugués e/ou inglés de ata 300 palabras, a través do formulario de inscrición que se atopa no seguinte enlace: https://bit.ly/375Pgwq
Máis información: http://www.fheargentina.com.ar/jornadas2022/