Ir ao contido principal

CALL FOR PAPERS: XVII Reunión Científica da FEHM (Vitoria, 2023)

A Fundación Española de Historia Moderna xunto coa Universidade do Pais Vasco (Euskal Herriko Unibertsitatea) organizará a XVII Reunión Científica da FEHM, que terá lugar en Vitoria do 21 ao 23 de xuño de 2023.

O congreso dividirase en dúas grandes seccións e cada unha subdivídese en catro, como é habitual. Os temas tratados en cada subapartado son amplos, polo que serán especialmente benvidas as propostas que adopten perspectivas diferentes en cada un deles. Entre outras cousas, a organización busca promover a diversidade temática e mesmo interdisciplinar.

Seccións:
A.1. Unha monarquía composta e xurisdicional
A.2. Os axentes do rei e as elites territoriais na España dos Austrias.
A.3. O reformismo borbónico e a transición ao Estado liberal.
A.4. Os sectores do reformismo borbónico e os sectores resistentes ao cambio
B1. O marco corporativo: casas, comunidades, corporacións, parroquias, xerarquías
B2. Lazos persoais e redes sociais en proceso de modernidade
B3. Contrastes culturais e civilizacionais dende o Renacemento ata a Ilustración
B4. Resistencia: dos disturbios populares á Revolución e a Contrarrevolución.

O prazo para a presentación de comunicacións comezou hai uns días e rematará o 31 de outubro. As propostas deben presentarse a través do seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/1VCXISVDjyjV3IdK1SGUs-2TI44HHyLQg0FImX6LoUXk

Máis información en: https://fehm-reuniones.csic.es/