Ir ao contido principal

Novas

Investigadores do GIHM paticipan nunhas xornadas científicas na UNAM (México)

Investigadores do GIHM da USC participarán en dous encontros científicos internacionais organizados pola UNAM. As primeiras xornadas, que terán lugar os días 8 e 9 de agosto de 2023, levan por título “Formas de migración e culturas urbanas nos mundos ibéricos” e están coordinadas polo profesor Gibrán Bautista e Lugo (IIH UNAM). A profesora Ofelia […]

XXIV Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo concedido a Francisco Saldoval Verea

Francisco Saldoval, doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e arquiveiro do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, gaña o Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo 2023. O título da obra galardoada, presentada ao concurso a través do sistema de plica con seudónimo, é “A paixase e a organización do espazo do interior coruñés […]

Investigadores do GIHM realizan unha estadía de investigación no Colexio de Michoacán (México)

Investigadores do Grupo de Investigación en Historia Moderna (GI-1921) realizan unha estancia de investigación do 25/07/2023 ao 24/08/2023 en México. O centro receptor é o Colexio de Michoacán, institución superior de investigación de gran recoñecemento nacional e internacional. En concreto, Ofelia Rey Castelao, Ana M. Sixto Barcia e Alex Valledor Aróstegui estarán vinculados ao Centro […]

Publicación do libro “Información, saber e poder en Galicia a finales del Antiguo Régimen (ss. XVIII-XIX)”, de Álvaro Benedicto Pérez Sancho

Publicación do libro Información, saber e poder en Galicia a finales del Antiguo Régimen (ss. XVIII-XIX), de Álvaro Benedicto Pérez Sancho, editado pola Universidad de Valladolid en 2023. Este traballo, que propón unha investigación sobre temas innovadores, forma parte dunha corrente historiográfica en auxe como é a Historia da Información. A través do estudo das […]

Defensa da Tese de doutoramento “Relixión e Poder. A Venerable Orden Terceira no Noroeste Hispánico. Estudio Histórico Socio-relixioso”, de Pablo Vázquez Bello

O 20 de xullo de 2023, ás 11:00 horas, terá lugar a defensa da tese de doutoramento de Pablo Vázquez Bello, Relixión e Poder. A Venerable Orden Terceira no Noroeste Hispánico. Estudio Histórico Socio-relixioso. Esta tese, vinculada ao GIHM, está dirixida por Ofelia Rey Castelao e Domingo L. González Lopo, do departamento de Historia, Universidade […]

Publicación do libro “Gobernar reformando. Los primeros borbones en la España del siglo XVIII”, editado por María López Díaz e María del Carmen Saavedra

Anúnciase a publicación do libro Gobernar reformando. Los primeros borbones en la España del siglo XVIII, editado por María López Díaz (Uvigo) e María del Carmen Saavedra (USC). O libro, que edita a editorial Comares Historia e que sae á venda en 2023, reúne as achegas de autores de diferentes disciplinas -historia política, historia do […]

Novo Coloquio da Société de Démographie Historique (23-24/oct./23)

Anúnciase o próximo coloquio anual da Société de Démographie Historique. Este ano o encontro centrarase en ” Le renouveau des grandes enquêtes en démographie historique. Créer et partager les données en histoire des populations ” e terá lugar os días 23 e 24 de novembro de 2023 no Campus Condorcet de Aubervilliers. Máis información: https://www.sociedemographie […]

Seminario Internacional “Resistencias nobiliarias no mundo ibérico (ss. XV-XVIII)”, coordinado por Mónica Fernández Armesto, Guillermo López Juan e Miguel Soto Garrido

O día 7 de xullo de 2023, no Colexio de España (París, Francia), vaise celebrar o seminario internacional Resistencias nobiliarias en el mundo ibérico (ss. XV-XVIII), coordinado por Mónica Fernández Armesto (membro do GIHM da USC), Guillermo López Juan (UV) e Miguel Soto Garrido (IH/CSIC-UMA). Na organización tamén colabora a Universidade de Santiago de Compostela, […]