Ofelia Rey e Rubén Castro participarán no “Symposium IV: Resistance, Religion and Justice”
Esta actividade, que terá lugar no Max Planck Institute for European Legal History (Alemania), celebrarase entre o 22 e o 24 de outubro de 2019.
Grupo de Investigación de Historia Moderna
Esta actividade, que terá lugar no Max Planck Institute for European Legal History (Alemania), celebrarase entre o 22 e o 24 de outubro de 2019.
Daniel Mena Acevedo, Álvaro B. Pérez Sancho e Pablo Vázquez Bello, bolseiros da área de Historia Moderna, organizan o seminario “Os horizontes da Historia”, que terá lugar o 22 de outubro na Facultade de Xeografía e Historia
A profesora M. C. Saavedra, membro do GIHM, vai participar nas Xornadas de Actualización en Historia e Historia da Arte, que terán lugar na Facultade de Xeografía e Historia, dende o 09 de outubro ata o 21 de novembro de 2019.
Rubén Castro Redondo, membro do Grupo de Investigación “Historia Moderna”, gaña a 2ª edición do Premio Xesús Taboada Chivite co traballo “De señores, señoríos e medidas do país: cartografía metrolóxica da Galicia moderna”.
Ofelia Rey Castelao, membro do Grupo de Investigación “Historia Moderna (USC), vai participar na reunión científica “Territorialicer les espaces modernes”, organizada por La Sorbonne (París) en Florencia os días 01 e 02 de outubro de 2019.
Isidro Dubert, membro do Grupo de Investigación “Historia Moderna”, participará nos debates que terán lugar durante a Xornada: Galicia Baleirada, que se celebrará o vindeiro venres 27 de setembro en Viana do Bolo (Ourense). A intervención do profesor Dubert achegará aos asistentes os aspectos históricos da evolución da poboación galega e as orixes e desenvolvemento do proceso de avellentamento.
A catedrática de Historia Moderna e membro do grupo de investigación, Ofelia Rey Castelao, foi elixida para dar a lección inaugural deste curso académico 2019/2020 na Universidade de Cantabria. O tema da súa disertación será “El reto de romper un techo de cristal en el siglo XXI. Mujeres y Ciencias Humanas en el sistema académico y científico español”. O acto terá lugar o vindeiro día 27 de setembro, ás 12:00 horas, no Paraninfo da Universidade de Cantabria.
Os membros do Departamento Ofelia Rey Castelao e Rubén Castro Redondo participarán no encontro ABRE II, organizado pola ABRE coa colaboración da EHESS. Nesta reunión científica, celebrada entre os días 18 e 21 de setembro, intervirán tanto especialistas europeos como americanos, que debaterán sobre as migracións, a pobreza, o mundo urbano e as representación culturais.
Os profesores Domingo Luis González Lopo e Fernando Suárez Golán, membros do GIHM, coordinan a sesión “Le relazioni città-campagna: tra ordine e conflito (1500-1850)” que terá lugar na mañá do sábado 14 de setembro no contexto do IX CONGRESO AISU.
Ofelia Rey Catelao e Rubén Castro Redondo, membros do Grupo de Investigación en Historia Moderna, participarán no congreso organizado pola European Rural History Organization entre os días 10 e 13 de setembro en París.