Participación no Workshop “Conflictos y resistencias en los espacios de frontera” (13-14 de xuño, La Plata)
A catedrática e membro do Grupo de Investigación de Historia Moderna da USC, Ofelia Rey Castelao, participa, xunto cos investigadores Rubén Castro Redondo (USC – Paris 1 Panthéon-Sorbonne) e Ana M. Sixto Barcia (USC – Universidade de Vigo), no Workshop “Conflictos y resistencias en los espacios de frontera” organizado polo Centro de Historia Argentina y Americana da Universidad Nacional de La Planta (Argentina) dentro do programa de estancias internacionais do proxecto europeo RESISTANCE: Rebellion and Resistance in the Iberian Empire, 16th-19th centuries (Marie Skłodowska-Curie Research and Innovation Staff Exchange), do que tamén forman parte.