Defensa da tese de doutoramento de Tamara González López, titulada “Prácticas colectivas nas comunidades parroquiais da Galiza interior, séculos XVI-XIX”
Defensa da tese de doutoramento de Tamara González López, titulada “Prácticas colectivas nas comunidades parroquiais da Galiza interior, séculos XVI-XIX”, realizada coa dirección dos profesores Pegerto Saavedra, Ofelia Rey e Camilo Fernández. O tribunal componse dos profesores doutores Francisco Chacón Jiménez, (Universidade de Murcia), Isabelle Robin (Universidade da Sorbona, París) e Susana Truchuelo (Universidade de Cantabria). O acto celebrarase as 11 da mañá do día 26 de novembro no Paraninfo da Universidade situado na facultade de Xeografía e História.