Ir ao contido principal

Novas

A revista Obradoiro de Historia Moderna na Emerging Sources Citation Index (ESCI)

A revista Obradoiro de Historia Moderna ven de ser incorporada a Emerging Sources Citation Index (ESCI), unha base de datos que recompila todas as revistas mundiais que están sendo avaliadas para a súa inclusión nalgún dos índices de Web of Science, WoS (Science Citation Index; Social Sciences Citation Index e Arts&Humanities Citation Index). Con independencia da […]

I Seminario Internacional do Máster en Historia Moderna

O venres 1 de decembro, a partir das 10 da mañá, celebraráse na Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia o I Seminario do Máster Universitario en Historia Moderna UC-USC-UAM, “Monarquía de España, siglos XVI-XVIII”, no que participarán con senllas ponencias as profesoras María Marta Lobo de Araújo (Universidade do Minho) e Alexandra Esteves (Universidade Católica Portuguesa).

Celebrado o Seminario do OHM: Cultivos americanos, transformacións agropecuarias e implicacións do desenvolvemento do seu comercio en Europa, séculos XVI-XX

Ven de rematar o 10º Seminario do Obradoiro de Historia Moderna no que distintos especialistas galegos, peninsulares e europeos presentaron os resultados das súas pescudas sobre o impacto que no eido europeo tivo a importación e comercialización de produtos coloniais, ou o asentamento e difusión doutros como por exemplo o millo e a pataca. Os mencionados resultados revisaron boa parte dos coñecementos establecidos sobre o tema, asemade de abrir novas perspectivas e enfoques a futuras investigaciones.

Xornadas “Traxectoria dos montes comunais galegos: a súa consideración como recurso produtivo, ambiental, paisaxístico e de calquera outro tipo”

No ámbito das actividades levadas a cabo polos membros do Proxecto de Investigación “El monte comunal en Galicia desde comienzos de la Edad Moderna a la actualidad: de soporte de un “viejo complejo agrario” a recurso medioambiental y patrimonio paisajístico”, dirixido polo profesor Pegerto Saavedra, organizáronse as Xornadas “Traxectoria dos montes comunais galegos: a súa consideración como recurso produtivo, ambiental, paisaxístico e de calquera outro tipo”, celebradas no Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela os días 28 e 29 de setembro de 2017.

Coloquio Internacional: Cultivos americanos, transformacións agropecuarias e implicacións do desenvovemento do seu comercio en Europa, séculos XVI-XXI

Os profesores Pegerto Savedra e Isidro Dubert organizan o X Seminario do Obradoiro de Historia Moderna en colaboración coa rede internacional – GDRI-AAA (Agriculture, Approvisionnement, Alimentation) sobre o tema: Cultivos americáns, transformacións agropecuarias e implicacións do desenvolvemento do seu comercio en Europa, séculos XVI-XXI.

A actividade ten recoñecidas un total de 10 horas de formación para os alumnos do Programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte. As distintas sesións da mesma terán lugar na Facultade de Filosofía da USC (Praza de Mazarelos 1), na aula Hipatia, situada no 1º andar.

Participación de membros do GI “Historia Moderna” no VIII CONGRESSO AISU: La città, il viaggio, il turismo. Percezione, produzione e trasformazione

Os profesores Camilo Fernández Cortizo, Domingo L. González Lopo, Ofelia Rey Castelao e Fernando Suárez Golán, así como os doutores Rubén Castro Redondo e Ana Mª Sixto Barcia, participaron entre o 5 e o 10 de setembro de 2017 nos traballos e actividades do VIII Congreso da Asociación Italiana de Historia Urbana, celebrado na cidade de Nápoles.

VI Taller de Xoves Investigadores en Historia Moderna (18 de maio)

A VI edición do Taller de Xoves Investigadores en Historia Moderna, cuxo título é “Construíndo a historia: novas propostas e visións do mozo historiador”, celebrarase o 18 de maio de 2017 na Sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.  Esta edición, realizada mediante a coordinación conxunta da […]