Ir ao contido principal

Novas

Celebrado el Seminario sobre o clero portugués, e o poder dos concellos e os bens comunais

Na mañá do día 12 de maio a profesora Margarida SOBRAL NETO, presentou e discutiu cos asistentes na aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia as claves da organización político-administrativa do espazo portugués entre os séculos XVI e XIX. Na súa exposición, tamén aludiu ás claves da organización administrativa  da Igrexa portuguesa, amosando o grao […]

Estadía de Investigación do Profesor Camilo Fernández Cortizo no Centro de História, da Universidade de Lisboa (Portugal).

Camilo Fernández Cortizo realizou unha estadía de investigación, entre o día 1 de febreiro o 3 de maio, no Centro de História, da Universidade de Lisboa (Portugal). Financiada con fondos do Programa de Estadías de mobilidade – Modalidade A. Estadías de profesores e investigadores senior en centros estranxeiros, o obxectivo do proxecto a desenrolar consistiu […]

Próximo seminario ó redor dos cregos, os poderes dos concellos e os bens comunais

O seminario está aberto ós alumnos dos Master de Historia Moderna, “La monarquía en la historia de España, siglos XVI-XVIII”, ós alumnos do Programa de Doutoramento da USC e dos demais masteres da USC.   Vernes 12 de maio, de 9,30 a 14,30   Margarida SOBRAL NETO (profesora de Historia Moderna da Universidade de Coimbra) “Conhecer o país a través do olar dos párrocos: a […]

Presentación da Agrupación de Investigación Bioeconomía, emprendemento e territorio, BETA+ da Universidade de Santiago de Compostela.

Na mañá do 28 de abril tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de Económicas da USC a presentación Agrupación de Investigación Bioeconomía, emprendemento e territorio, BETA+, na que se atopa integrado o Grupo de Investigación de Historia Moderna (G.I.H.M.). BETA+ é unha agrupación constituída por 19 grupos de investigación en ciencias sociais, humanas e inxenierías, dos que 16 pertencen á USC […]

Pasamento do profesor Antonio Eiras Roel

Onte finou o profesor Antonio Eiras Roel, quen fora catedrático de Historia Moderna na USC durante corenta anos, durante os que tivo unha brillante e recoñecida traxectoria profesional no eido estatal e internacional.

Seminario do Obradoiro de Historia Moderna: Cultivos americanos, transformacións agropecuarias e implicacións do desenvolvemento do seu comercio en Europa e América, séculos XVI-XX

O seminario celebrarase en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de outubro de 2017. A data límite para a presentación das propostas (un título e un resumo dunhas 400 verbas) é o 28 de abril de 2017.

Unha selección de traballos será publicada (após da súa avaliación previa por pares cegos anónimos), no xornal Obradoiro de Historia Moderna, ou noutra publicación especializada.

Novo número da revista especializada Obradoiro de Historia Moderna, 25, 2016

Dende finais de 2016 atópase dispoñíbel a edición electrónica da revista Obradoiro de Historia Moderna (http://www.usc.es/revistas/index.php/ohm/index).

Nel hai traballos dedicados ó estudo das diferentes implicacións históricas relacionadas coa actuación do clima nas distintas fases da época moderna, á relación das epidemias coas condicións sociopolíticas que fixeron posíbel a escravitude na Amazonía portuguesa entre 1748 e 1778, ós intentos de recuperación ibicencos do mercado milanés da sal durante a segunda metade do século XVII, ós proxectos de compañías vascas de comercio armado de 1667 e 1668, ó salario e as condicións de traballo imperantes na industria da seda valenciana do século XVIII, á expedición naval inglesa a Italia en 1731 e ó ascenso da casa dos Queipo.