Novidade editorial: Historia das historias de Galicia
Novidade editorial. Ven de aparecer «Historia das historias de Galicia», unha obra coordenada por Isidro Dubert, catedrático de Historia Moderna e membro do G.I.H.M. Nela participan un total de doce autores, entre os que se atopan os profesores Pegerto Saavedra, Ofelia Rey Castelao e María do Carme Saavedra, membros a súa vez do G.I.H.M., os que, entre outras cousas, prestan una demorada atención á orixe, cambios e mudanzas que experimentaron as historias referidas a aspectos relevantes do noso pasado colectivo. Este é o caso da suposta «doma e castración da nobreza» polos Reis Católicos, da existencia duns pretendidos «Séculos Escuros» no curso da época moderna, da forma na que se encarou a elaboración dunha narrativa histórica por parte das elites locais ou da chegada ou instalación dos cataláns no país durante a segunda metade do XVIII, poñamos por caso.