Ir ao contido principal

Novas

Integrantes do G.I. de Historia Moderna participan no Seminario Internacional “Do silêncio à ribalta: Os resgatados das margens da História (séculos XVI-XIX)”, Universidade do Minho, 28-29 Mayo 2015

Organizado polo Labóratorio de Paisagens, Patrimonio e Territorio (Lab2PT), da universidade de Minho (Portugal), celebrouse os días 28 e 29 de maio o Seminario Internacional “Do silêncio à ribalta: os resgatados das margens da Historia, séculos XVI-XIX“. Nas súas sesións participaron como poñentes invitados os membros do Grupo de Invetigación de Historia Moderna de la […]

Aparición do último número de Annales de Démographie Historique

Ven de aparecer o último número da revista Annales de Démographie Historique, 2014-2. Un monográfico adicado ó tema “Démographie des dictatures“, que ten sido coordenado polo profesor Isidro Dubert, membro do Grupo de Investigación de Historia Moderna da USC, quen contou coa colaboración de especialistas de Uruguay, Rumania, Italia, España, Francia ou Italia.

Presentación do libro La población de Santiago de Compostela, 1630-1860, e do número 23 da revista Obradoiro de Historia Moderna (2014)

O grupo de investigación de Historia Moderna da USC presentou este martes 28 de abril na Facultade de Xeografía e Historia o número 23 da revista Obradoiro e o libro de Enrique Martínez Rodríguez La población de Santiago de Compostela, 1630-1860. Un dos poucos realizados en España co método da reconstrución de familias no ámbito […]

Atópase a disposición dos lectores o número do 2014 da revista Obradoiro de Historia Moderna en formato electrónico.

Neste número aparecen traballos de distintos investigadores peninsulares e europeos (pulse aquí para ver a táboa de contidos). Neles, ofrécese información de primeira man sobre o funcionamento dos sistemas hereditarios castelán e francés durante a idade moderna; os avisos de Luis Valle da Cerda á monarquía española; o arbitrismo e o imperio ultramarino portugués entre […]

Ofelia Rey Castelao realiza unha estancia de investigación en París

Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da USC e membro do Grupo de Investigación de Historia Moderna, realiza unha estancia en París durante a cal abordará o tema da familia en España durante o século XVIII no curso do seminario “Pouvoirs et dépendances au sein de la famille : perspectives comparatives (16e-21e siècles)” organizado […]