Ir ao contido principal

Novas

Seminario Internacional “Resistencias nobiliarias no mundo ibérico (ss. XV-XVIII)”, coordinado por Mónica Fernández Armesto, Guillermo López Juan e Miguel Soto Garrido

O día 7 de xullo de 2023, no Colexio de España (París, Francia), vaise celebrar o seminario internacional Resistencias nobiliarias en el mundo ibérico (ss. XV-XVIII), coordinado por Mónica Fernández Armesto (membro do GIHM da USC), Guillermo López Juan (UV) e Miguel Soto Garrido (IH/CSIC-UMA). Na organización tamén colabora a Universidade de Santiago de Compostela, […]

Entrevista: Moito máis que un voo corto…

Presentación do vídeo MUCHO MÁS QUE UN VUELO CORTO, resultado da entrevista da profesora María Luz Mezquita, Universidade Nacional de Mar del Plata, a Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM da USC e Premio Nacional de Historia de España 2023. Neste encontro entre dúas grandes profesionais da historia falouse sobre os obxectivos e os resultados […]

Presentación do libro “Entre aparicións, promesas e romarías. A relixiosidade nos santuarios galegos da Idade Moderna (séculos XVII-XIX)”

O vindeiro xoves 22 de xuño, ás 12h., no Auditorio del museo de Valga (Concello de Valga), terá lugar a presentación do libro Entre aparicións, promesas e romarías. A relixiosidade nos santuarios galegos da Idade Moderna (séculos XVII-XIX) de Anxo Rodríguez Lemos, investigador vinculado ao GIHM. A mencionada obra foi galardoada co premio Xesús Ferro […]

O profesor Isidro Dubert participa nun encontro científico na École Française de Athènes

O profesor Isidro Dubert, membro do GIHM, participará os vindeiros 12 e 13 de xuño no obradoiro de traballo: “Sistème Familaux: revision d’un projet”, na École Française de Athènes. Nel participan expertos do CNRS, da Universidade de Paris 4, da Universidade Nacional Kaposdistriaka de Atenas (NKUA) e investigadores do Instituto de Historia ‘Nicolae Iorga’ da […]

Ofelia Rey participa nun encontro na Sorbonne Université (Francia)

A profesora Ofelia Rey, membro do GIHM, vai participar no encontro Interactions et dynamiques sociales des structures corporatistes dans la Monarchie hispanique à l’époque moderne (XVIe-XVIIIe siècles), que terá lugar o 17 de xunio de 2023 na Universidade da Sorbonne (Francia). A especialista da USC impartirá a ponencia titulada “Unna batalla perdida: os gremios e […]

Membros do GIHM participan nun encontro científico en Braga (Portugal)

Membros do GIHM van a participar no coloquio internacional Conflictividade familiar e conflictividade social na Península Ibérica (séculos XVI-XX) en Braga (Portugal), encontro coordinado pola Universidade do Minho, a Universidade de León, a Universidade de Valladolid, a Universidade de Cantabria e a Universidade de Santiago de Compostela. No mesmo, participan Ofelia Rey Castelao, Roberto J. […]

Os profesores Domingo L. González Lopo e Camilo Fernández Cortizo realizan unha estadía de investigación e divulgación científica en Cabo Verde

  Os profesores Domingo L. González Lopo e Camilo Fernández Cortizo, membros do GIHM, están a realizar unha estadía de investigación en Cabo Verde, ao abeiro do proxecto europeo RESISTANCE: Rebellion and Resistance in the Iberian Empire, 16th-19th centuries (Ref. RISE 2017. Nº 778076. H2020-MSCA-RISE-2017). Durante a mesma, os devanditos investigadores da USC realizaron varias […]