Ir ao contido principal

Celebrado el Seminario sobre o clero portugués, e o poder dos concellos e os bens comunais

Na mañá do día 12 de maio a profesora Margarida SOBRAL NETO, presentou e discutiu cos asistentes na aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia as claves da organización político-administrativa do espazo portugués entre os séculos XVI e XIX. Na súa exposición, tamén aludiu ás claves da organización administrativa  da Igrexa portuguesa, amosando o grao de control social e moral que esa organización lle consentía manter a nivel local sobre o conxunto da poboación. A súa intervención rematou explicando as posibilidades que as fontes portuguesas ofrecen para o avance e o mellor coñecemento da Historia Social no eido local.

Pola súa banda, o profesor Laureano RUBIO PÉREZ, expuxo e dialogou cos presentes acerca dos antecedentes, orixe e definición dos bens comunais no mundo rural castelán-leonés; das posicións historiográficas que existen ó redor do seu estudo; da relevancia do réxime comunal no desenvolvemento da sociedade rural; dos factores determinantes da súa presenza e conservación ó longo da historia; da tipoloxía e tipoloxías dos comunais; das claves fundamentais que rexen no estudo dos mesmos; da súa dinámica evolutiva; dos procesos de privatización, cambio, readaptación e permanencia dos comunais e da defensa que as comunidades labregas fixeron deles nos diferentes contextos históricos entre ós séculos XVI e XX.

As mencionadas actividades se celebraron no marco do Proxecto de Investigación: “O monte comunal en Galicia dende os comezos da Idade Moderna á actualidade: de soporte dun vello complexo agrario a recurso medioambiental e patrimonio paisaxístico” (HAR2014-52667-R), financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade.