Chamada para a coordinación de sesións: Oltre lo sguardo. Interpretare e comprendere la città (AISU, Ferrara – 2023)

Últimos días para presentar sesións no próximo congreso da Associazione Italiana Storia Urbana (AISU), que nesta ocasión leva por título Oltre lo sguardo. Interpretare e comprendere la città (Beyond the Gaze. Interpreting and Understanding the City). O encontro terá lugar na cidade italiana de Ferrara, do 13 ao 16 de setembro de 2023. En total, hai oito macrosesións sobre diferentes temas a disposición de todos os interesados, onde se espera iniciar un debate e análise comparativa sobre as cidades. O prazo para coordinar sesións remata o 15 de febreiro de 2023. Posteriormente, o prazo para a presentación de traballos nas sesións aceptadas será do 15 de marzo ao 15 de maio de 2023.
Para acceder á información do congreso: https://aisuinternational.org/en/ferrara-2023-ferrara/