Ciclo “De rabiosa modernidade. Libros recentes de Historia Moderna nas nosas librarías”

Durante o mes de novembro celebrarase na Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela o ciclo De rabiosa modernidade. Libros recentes de Historia Moderna nas nosas librarías, baixo a coordinación de Rubén Castro Redondo (USC).
A actividade consta de sete sesións, onde en cada caso se presentará polo/a seu/súa autor/a a monografía recentemente publicada sobre Historia Moderna. A relación de autores/as, libros, data e hora de cada sesión é a seguinte:
- Mércores 30/10/2024, 17:30h: Manuel Reyes García Hurtado (UdC), Beloved enemy. The United Kingdom and Spain in the Eighteenth Century (2024)
- Mércores 06/11/2024, 17:30h: Hortensio Sobrado Correa (USC), Os traballos da vida: estudos sobre o mundo rural. Séculos XVI-XX (2022)
- Xoves 14/11/2024, 17:30h: Isidro Dubert García (USC), Galicia, un mar con Historia (2024)
- Venres 22/11/2024, 17:30h: Rubén Castro Redondo (USC), Resistencias campesinas en los espacios rurales de Europa y América durante la Edad Moderna (2024)
- Luns 25/11/2024, 17:30h: María López Díaz (UVigo), Monarquías ibéricas, poderes y territorios. Instituciones, nobleza y dinámica política (2021)
- Martes 26/11/2024, 16:00h: Pegerto Saavedra Fernández (USC), La opulencia de los hijos de san Bernardo: El Císter en Galicia, c. 1480-1835 (2021)
- Xoves 28/11/2024, 17:30h: Ofelia Rey Castelao (USC), El vuelo corto. Mujeres y migraciones en la España Moderna (2021). Premio Nacional de Historia 2022.
Tódalas sesións celebraranse na aula 16 de dita Facultade de Humanidades (Lugo). A asistencia é gratuíta e libre, sen necesidade de matrícula previa.
Acreditarase a asistencia a aquelas persoas que participen alomenos no 80% das sesións.