Ir ao contido principal

Colóquio Internacional Cruzamentos Galiza-Portugal. Redes Migratórias e Culturais

Os días 10 e 11 de abril de 2025, no Auditorio B.1 da Facultade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, celebrarase o Colóquio Internacional Cruzamentos Galiza-Portugal. Redes Migratórias e Culturais, con participación de 3 membros do Grupo de Investigación en Historia Moderna da USC (G.I.-1921): Camilo Fernández Cortizo, Domingo Luís González Lopo e Hortensio Sobrado Correa.

Dito coloquio está organizado polas seguintes entidades:
– Proxecto “Españoles en Portugal (1715- 1868): emigración laboral y exilios políticos” (PID2021-123476NB-I00) (USC)
– Cátedra UNESCO 226 sobre Migracións (USC)
– Proxecto “Galicia-América: Música civil, ideología e identidades culturales a través del Atlántico (1800-1950)” (PID2020- 115496RB-I00) (USC)
– Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa
– Centro de Estudos Galegos da Universidade do Algarve
– Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho
A actividade contará con 12 ponencias, ó que se lle sumará a presentación do libro Pedreiros Galegos no Minho no Século XVIII. Roteiro (2025), da autoría de Eduardo Pires de Oliveira e de Juan López Bedoya, e unha visita guiada baixo o título “Lisboa à galega. Um frete da Graça à Trindade”.

Descargar adxunto