Ir ao contido principal

Conferencia da profesora Ofelia Rey Castelao na UNAM

O vindeiro martes 15 de agosto de 2023, na aula 1 do Instituto de Investigaciones Históricas da UNAM, vaise celebrar unha conferencia da Dra. Ofelia Rey Castelao, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela, quen falará sobre “A articulación territorial da monarquía hispánica vista dende as periferias”. O encontro terá lugar ás 12:00 horas na Cidade de México (ás 15:00 horas en Rosario, Arxentina, e ás 20:00 horas en Europa Central).

Todos os interesados ​​en asistir a distancia poden empregar o enlace de ZOOM:

https://cuaieed-unam.zoom.us/j/84168079402

ID reunión: 841 6807 9402

Fotografías do encontro