Conferencia de José Manuel Vázquez Lijó no Arquivo Histórico Universitario de Santiago

O vindeiro mércores 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o doutor Xosé Manuel Vázquez Lijó, profesor da Universidade da Coruña e colaborador do GIHM, impartirá a conferencia que leva por título: “Un mar en feminino. Achega histórica ás actividades das mulleres na economía marítima de Galicia”.
O acceso a esta conferencia é gratuíto ata completar o aforo da sala.