Ir ao contido principal

Conferencia do profesor Bernardo García

A conferencia forma parte do programa de Semiarios do Grupo de Investigación de Historia Moderna. Asemade de explica-los aspectos chave dos tratados de Utrech, ofreceranos unha breve ollada á cultura diplomática da época e das imaes que nela trataron de reflectr o conflito sucesorio.

Bernardo García licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade Complutense de Madrid en 1987, onde se doctorou na especialidade de Historia Moderna en 1994 cunha tese publicada co título La Pax Hispanica: política exterior del duque de Lerma, Lovaina, 1996. Na actualidade é profesor titular do Departamento de Historia Moderna da UCM e coordenador das actividades científicas e académicas da Fundación Carlos de Amberes dende 1997. É tamén Académico correspondente da Real Academia da Historia dende 2007. 

Como responsábel da programación do Centro de Estudos Carlos de Amberes, coordinou ó redor duns vinte congresos e seminarios internacionais, asumindo a edición científica dos resultados en monografías especializadas (serie Flandria e serie Leo Belgicus). Coordenou o proxecto cultural e científico do programa Cultura 2000 da Comisión Europea (10/2004-11/2005) sobre El arte flamenco en la ruta atlántica del azúcar (con tres exposiciones en Madrid, Gante e Santa Cruz de La Palma, e un congreso internacional na Universidade de Lisboa). Foi comisario científico das exposicións: El final de la Guerra de Flandes (1998); El Madrid de Velázquez y Calderón (2000); Tiempo de paces (2009-2010), e En nombre de la paz 1713-14, do Programa Cultura 2007-2013 da Comisión Europea e parte dun ciclo entre España, Países Baxos, Alemaña e Suíza (2013-2014); colaborou coa exposición Tratado de Paz, para Donosita-San Sebastián 2016 Capital Europea da Cultura; comisaroiou xunto con María Antonia Manzaneque a mostra: 1517-2017. Rescatando un tesoro protestante (Biblioteca Histórica de la UCM, 2017-2018). Premio Ortega e Gasset de Ensaio e Humanidades dos Premios Vila de Madrid 1993, polo ensaio histórico sobre El teatro popular en el Madrid de Felipe II, realizado en colaboración con Carmen Sanz Ayán.