Congreso da Société de Demographie Historique “Recomposición de familias e fogares, dende a Idade Media aos nosos días”, París, INED, 27-28 de novembro de 2025
O obxectivo do congreso é estudar a diversidade dos procesos desencadenantes (morte, vida en parella ou ruptura, vellez ou dependencia, mobilidade voluntaria ou forzada, acollemento ou adopción de fillos, etc.). Tamén, captar a variedade de formas de recomposición familiar, determinar a súa natureza, medir a súa frecuencia a escala dunha sociedade ou dos ciclos vitais individuais, nun contexto histórico concreto ou a longo prazo. Igualmente, quérense explorar as experiencias emocionais e relacionais dos diferentes actores implicados, en particular en función da idade e do sexo, así como as súas múltiples consecuencias demográficas, sociais, económicas e xurídicas. Os retos da reprodución familiar, rota ou conservada, tamén se aprecian en tensións, conflitos, acordos e vellas e novas solidariedades. Todas estas «micro» dinámicas familiares están enraizadas na historia, é dicir, nos sistemas ideolóxicos e nos contextos institucionais que regulan, enmarcan, constrinxen ou facilitan as distintas formas de recomposición familiar, mais tamén nos réximes sociodemográficos que definen unha determinada forma de cotidianeidade nos transcursos da vida individual e familiar.
Para máis información, consulte a convocatoria no pdf adxunto.