Ir ao contido principal

Defensa da tese de doutoramento “Relixiosidade local no noroeste da Península Ibérica: cultos populares e lugares santos (ss. XVII-XIX)”, de Anxo Rodríguez Lemos

O 16 de marzo de 2022, ás 11:00 horas, terá lugar a defensa da tese de doutoramento de Anxo Rodríguez Lemos, Relixiosidade local no noroeste da Península Ibérica: cultos populares e lugares santos (ss. XVII-XIX). Esta tese, vinculada ao GIHM, está dirixida pola catedrática Ofelia Rey Castelao, do departamento de Historia, Universidade de Santiago de Compostela. O tribunal estará conformado polos reputados especialistas: o Dr. Domingo Luis González Lopo (USC), o Dr. Eliseo Serrano Martín (Universidad de Zaragoza) e a Dra. Cécile Vincent-Cassy (Université Paris 13-Sorbonne).
 
Ficha da tese doutoral: 
Título: Relixiosidade local no noroeste da Península Ibérica: cultos populares e lugares santos (ss. XVII-XIX)
Autor: Anxo Rodríguez Lemos
Directora: Ofelia Rey Castelao
Departamento: Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)
Centro: Facultade de Xeografía e Historia
Data e lugar de lectura: 16/03/2022 11:00 h., Presencial – Sala de profesores