CALL FOR PAPERS: Seminario Internacional Fracasos diplomáticos: erros, diverxencias e rivalidades na corte da Monarquía Hispánica: séculos XVI-XVIII (UAM, 2023)

Os días 23 e 24 de marzo de 2023, na Universidade Autónoma de Madrid, vaise celebrar o Seminario Internacional Fracasos diplomáticos: erros, diverxencias e rivalidades na corte da Monarquía Hispánica (séculos XVI-XVIII). Este seminario pretende afondar no “fracaso” dalgunhas embaixadas na corte da Monarquía Hispánica ao longo da época moderna. De feito, porque a cidade de Madrid chegou a representar un verdadeiro centro da diplomacia mundial, a súa corte convértese nun observatorio privilexiado para analizar as dificultades que atopan os emisarios estranxeiros, avaliar as súas estratexias, definir as razóns das súas actitudes equívocas e as súas consecuencias no curto e longo prazo. Así mesmo, a vontade de analizar e comparar un amplo abano de casos –acontecidos nos mesmos espazos, pero ao longo de tres séculos– ofrece a oportunidade de comprender como mudou a percepción do fracaso diplomático ao longo da Idade Moderna, subliñando así os seus distintos matices. Todos os interesados en participar, poden enviar as súas propostas ata o 15 de decembro de 2022.
LIÑAS TEMÁTICAS:
- Rivalidades entre os distintos axentes diplomáticos de Madrid ou disputas entre os embaixadores e os grupos de poder que controlaban a política da Monarquía.
- Erros, involuntarios ou voluntarios, cometidos polos axentes diplomáticos, que influíron no curso dunha legación.
- Conflitos e diverxencias dos axentes diplomáticos e as súas “familias” -servidos, confidentes, espías, etc.- coas principais institucións da Monarquía Hispánica.
PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS:
– Propostas de 200-250 palabras e un pequeno currículo.
– Inscrición a través do seguinte formulario: https://forms.gle/pESXe1E86xfMFh3a9
– Permitirase a participación en liña, aínda que se valorarán positivamente as propostas presenciais.
– Prazo de presentación ata o 15 de decembro de 2022.
– A aceptación das súas propostas notificarase aos aspirantes antes do 31 de xaneiro de 2023.
– Se tes algunha dúbida ou consulta, escribe a dquiles@ucm.es e francesco.caprioli@unimi.it.