Publicación do libro: Los caminos de la Historia Moderna: presente y porvenir de la investigación (2023)

Anúnciase a publicación do libro Los caminos de la Historia Moderna: presente y porvenir de la investigación, obra coordinada por Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM da USC, e Francisco Cebreiro Ares, UCM.
Anúnciase a publicación do libro Los caminos de la Historia Moderna: presente y porvenir de la investigación, obra coordinada por Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM da USC, e Francisco Cebreiro Ares, UCM. Asemade, participan como coordinadores de sección: Pablo Vázquez Bello, Alex Valledor Aróstegui, Antonio González López, Iago Castro Táboas, Daniel Mena Acevedo y Anxo Rodríguez Lemos.
Esta obra reúne un atractivo conxunto de traballos de xoves investigadores en Historia Moderna que achegan perspectivas innovadoras, internacionais e comparativas. O libro organízase en seis grandes apartados en consonancia coas correntes historiográficas máis recentes: itinerarios políticos; as rutas dos particulares; circuítos comerciais; os camiños da fe; os camiños da cultura e as viaxes da historia do xénero. Todos eles van precedidos doutro apartado que recolle as reflexións de historiadores cunha longa traxectoria que dan unha visión crítica e sabia da evolución da Historia Moderna nas últimas décadas.