Hortensio Sobrado Correa participa nun encontro científico na Universidade de Coimbra

O profesor Hortensio Sobrado Correa, membro do GIHM, participa no IV Congresso Internacional. XI Encontró Rural RePort. XVIII Congreso de Historia Agraria. Soberanía alimentar. Dinâmicas de produção e abastecimiento na longa duração, organizado pola Universidade de Coimbra os días 6-8 de setembro de 2023. O especialista da USC presentou o relatorio “Fertilización orgánica do chan e intensificación agropecuaria: produción de novas plantas e alimentación campesiña en Galicia, séculos XVII-XIX”, que tivo lugar na sesión vespertina do vernes 8 de setembro de 2023. Ademais, no congreso participaron outros destacados especialistas no eido da historia rural.
Máis información e programa: https://congresso2023.ruralreport.seha.info/es/programa/