I Seminario Internacional “Corte e Diplomacia”. Fracasos diplomáticos: erros, diverxencias e rivalidades na corte da Monarquía Hispánica (séculos XVI-XVIII)

Os días 23 e 24 de marzo de 2023, na sala de conferencias da Facultade de Filosofía e Letras da UAM, celebrarase o I Seminario Internacional “Corte e Diplomacia”. Fracasos diplomáticos: erros, diverxencias e rivalidades na corte da Monarquía Hispánica (séculos XVI-XVIII). A reunión pódese seguir presencialmente ou en liña.
A Historia tradicional da diplomacia permaneceu durante séculos ancorada na análise dos documentos que sancionaban un armisticio, unha paz ou unha alianza. Porén, o camiño aberto pola Nova Historia Diplomática puxo de manifesto a necesidade de analizar as prácticas empregadas polos actores diplomáticos, na procura de delimitar todas aquelas casuísticas que puidesen producirse durante unha legación, facilitar o seu éxito ou determinar o seu fracaso.
Máis información: http://iulce.es/event/i-seminario-internacional-corte-diplomacia/
Programa completo: http://iulce.es/wp-content/uploads/2023/02/Programa-Fracasos-Diplom%C3%A1ticos-2.pdf