III Congreso Internacional de Jóvenes Investigadores “Mundo Hispano: Cultura, Arte y Sociedad” (UniLeon, 2023))

Entre os días 3 e 5 de maio de 2023 vaise celebrar o VIII Congreso Internacional de Jóvenes Investigadores “Mundo Hispano: Cultura, Arte y Sociedad”, organizado pola Universidade de León.
O Congreso “Mundo Hispano” é unha proposta dos doutorandos do programa homónimo da Universidade de León, proxectado como un foro de encontro de doutorandos de todo o mundo no ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais (Historia, Historia da Arte, Arqueoloxía, Xeografía, Lingua e Literatura Española e Clásica, Conservación e Difusión da Información…), onde compartir os resultados da súa investigación de doutoramento con compañeiros de idades e intereses similares. Nesta ocasión, os investigadores invitados son o doutor José María Imízcoz Beunza, catedrático de Historia Moderna da Universidade do País Vasco, de quen dependerá a conferencia inaugural; e a doutora Isabel Velázquez Soriano, catedrática de Filoloxía Latina da Universidade Complutense de Madrid, que impartirá a conferencia final. Xa está aberto o prazo de inscrición, tanto para asistir presencial como telemáticamente.
Máis información: https://congresomundohispanico23.wordpress.com/