Ir ao contido principal

Inauguración da exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII» na Coruña

O vindeiro 11 de setembro de 2020, ás 12:00 horas, no Edificio da Fundación Barrié (Cantón Grande, 9, 15004, A Coruña), terá lugar a inauguración da exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII». Esta exposición itinerante está organizada polo Consello da Cultura Galega, coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e do Museo de Pontevedra. Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM, participou na configuración da mesma. 

A exhibición permanecerá aberta ao público ata o 25 de outubro de 2020.

Máis información: http://consellodacultura.gal/exposicions/item.php?id=6672&exp=200943&idioma=gal&nome=Inventio%20Mundi.  

 

Folleto da exposición (descargar en adxunto)

Descargar adxunto