Ir ao contido principal

Investigación

Ciudades y villas atlánticas del noroeste ibérico: gobernanza y resistencias en la edad moderna

Comezo: 01/01/2022 | Fin: 31/12/2025 Proxecto aberto

Fondos: 2021 PLAN NACIONAL DE I+D+i

Españoles en Portugal (1715-1868): emigración laboral y exilios políticos

Comezo: 01/09/2022 | Fin: 31/08/2025 Proxecto aberto

Fondos: Proxectos de Xeración de Coñecemento, Convocatoria de 2021

Castillae Metrum. Cartografía digital de los sistemas metrológicos en la Castilla Moderna

Fin: 31/05/2025 Proxecto aberto

Fondos: Ministerio de Ciencia e Innovación del Gobierno de España - Agencia Estatal de Investigación. Convocatoria "Generación de Conocimiento 2020"

RESISTANCE: Rebellion and Resistance in the Iberian Empire, 16th-19th centuries Ref. RISE 2017. Nº 778076. H2020-MSCA-RISE-2017

Comezo: 01/06/2018 | Fin: 31/05/2024 Proxecto pechado

Fondos: Programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea en virtude do Acuerdo de subvención Marie Skłodowska-Curie no 778076.

Culturas urbanas e resistencias na monarquía hispánica na Idade Moderna (Ref: PGC2018-093841-B-C31)

Comezo: 01/01/2019 | Fin: 31/12/2022 Proxecto aberto

Fondos: Ministerio de Ciencia e Innovacion e Fondos FEDER (UE)

Culturas urbanas e resistencias na monarquía hispánica na Idade Moderna (Ref: PGC2018-093841-B-C31)

Comezo: 01/01/2019 | Fin: 31/12/2022 Proxecto pechado

Fondos: Ministerio de Ciencia e Innovacion y Fondos FEDER (UE)

O monte comunal en Galicia desde o inicio da Idade Moderna ata a actualidade: de “soporte a un vello complexo agrario” ao patrimonio ambiental e paisaxístico

Comezo: 01/01/2016 | Fin: 31/12/2019 Proxecto pechado

Fondos: Proxectos I+D+I - Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade (MINCINN)

Culturas urbanas: as cidades interiores no noroeste ibérico, dinámicas e impacto no espacio rural

Comezo: 01/01/2016 | Fin: 31/12/2018 Proxecto pechado

Fondos: Ministerio de Economía y Competitividad, Gobierno de España, Programa Estatal de Investigación, Desarrollo e Innovación orientada a los Retos de la Sociedad, 2015

Cidades, xentes e intercambios culturais na Monarquía hispánica durante a Idade Moderna

Comezo: 01/01/2013 | Fin: 31/12/2015 Proxecto pechado

Fondos: Ministerio de Economia e Competitividade, Subprograma de Historia

Liñas de investigación

O Grupo Historia Moderna desprega a súa actividade atendendo a diferentes liñas de investigación:
  • Historia das sociedades rurais, das súas estruturas económicas e das políticas fiscais no Antigo Réxime, xunto con outros centros de interese como as prácticas agrícolas, a evolución da paisaxe agraria ou a pegada ecolóxica das actividades campesiñas.
  • Demografía histórica con especial interese pola historia da familia; a vellez e os procesos de avellentamento; a estrutura da poboación urbana; as migracións campo-cidade, a emigración laboral peninsular e transatlántica ou o exilio político.
  • Historia social co estudo do servizo doméstico rural e urbano, os fenómenos de mobilidade social, a análise das clases desfavorecidas, pero tamén das elites, cun especial interese pola historia familiar, o status e a reprodución social da nobreza; a aproximación de xénero ás realidades sociais, económicas e culturais; a interpretación de conflitos veciñais e metrolóxicos, ou a análise da vida cotiá.
  • Historia da cultura, con especial énfase nos procesos produción cultural, na difusión e comunicación escrita e verbal,  nos niveis de alfabetización e educación; a análise do comercio literario, a extensión da cultura letrada e o estudo das relacións entre cultura e poder.
  • Historia da Igrexa, con aproximacións sociolóxicas ao clero e ás redes parroquiais; ou á vida nos mosteiros e a súa relevancia económica, social e cultural.
  • Historia militar e da guerra, coa análise da evolución da organización militar, a composición social do exército ou o financiamento das accións bélicas.
  • Historia política con especial atención ás relacións internacionais, ás ideas políticas e á creación de imaxinarios e da opinión pública, a análise do exercicio do poder e a formación de elites.
  • Historia económica con centros de interese como a formación de dominios, a súa composición e xestión patrimonial, o funcionamento do sistema rendista, a análise do consumo e a comercialización, o estudo do funcionamento dos mercados de traballo urbanos ou a investigación do crédito e a circulación monetaria.