Castillae Metrum. Cartografía digital de los sistemas metrológicos en la Castilla Moderna
Fin: 31/05/2025 Proxecto aberto
Fondos: Ministerio de Ciencia e Innovación del Gobierno de España - Agencia Estatal de Investigación. Convocatoria "Generación de Conocimiento 2020"
Referencia: PID2020-118939GA-I00
Investigador/a responsable: Rubén Castro Redondo
Liñas de investigación: Humanidades Dixitais, Resistencias, Historia Social do campesiñado, Historia social, Historia política
Proxecto da USC
O proxecto de investigación Cartografía digital de los sistemas metrológicos en la Castilla Moderna (Ref. PID2020-118939GA-I00) do Programa Estatal de Generación de Conocimiento y Fortalecimiento Científico y Tecnológico del Sistema de I+D+i (2020), foi financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación do Gobierno de España a través da Agencia Estatal de Investigación.
A equipa de investigación está formada por 8 investigadores: de España (Mariña Bermúdez Beloso, Adrián Carro Patiño, Jesús Ignacio Jiménez Chaparro), Portugal (Daniel Alves), Francia (Mireille Touzery-le-Chenadec, Sylvain André) e Rusia (Marina Diakonova), coordinados por Rubén Castro (Investigador Principal).
O obxectivo do presente proxecto é identifica-los sistemas metrolóxicos coexistentes na metade norte de Castela na Idade Moderna, conocer e explica-las súas particularidades, cartografia-la extensión de cada un deles e, como resultado de todo o anterior, propoñer unha explicación metodolóxicamente sólida acerca da heteroxeneidade de pesos e medidas en dito espazo, a pesar das iniciativas da Coroa por uniforma-lo espazo metrolóxico do seu dominio castelán.