Ir ao contido principal

Investigación

Vellez e envellecemento en España e Portugal, séculos XVIII-XX. Implicacións socio-demográficas e desenvolvemento rexional

Comezo: 01/01/2009 | Fin: 31/12/2010 Proxecto pechado

Fondos: Ministerio de Ciencia e Innovación (Subprograma de Accións Integradas)

Mobilités, Populations, Familles dans la France du Nord, de la fin du XVIIe siècle à la fin du XIXe siècle

Comezo: 28/12/2007 | Fin: 28/12/2010 Proxecto pechado

Fondos: Agence Nationale de la Recherce Francaise

A imaxe dos estranxeiros e inimigos durante os conflitos bélicos do século XVIII en España e América

Comezo: 01/01/2007 | Fin: 31/12/2009 Proxecto pechado

Fondos: Ministerio de Educación y Ciencia

As relacións entre o clero e o campesiñado en Galicia nos séculos XVI-XIX: interaccióes, procesos de aculturación e conflitos”

Comezo: 31/12/2005 | Fin: 31/12/2008 Proxecto pechado

Fondos: Financiado pola Dirección General de Investigación (Secretaría General de Política Científica y Tecnológica), do Ministerio de Educación e Ciencia.

Vellez e envellecemento na historia de Galicia

Comezo: 01/01/2005 | Fin: 31/12/2008 Proxecto pechado

Fondos: Dirección General de Investigación. Ministerio de Educación y Ciencia

Comunicación e difusión na Galicia do Antigo Régime: cultura oral e cultura escrita nunha sociedad bilingüe.

Comezo: 31/12/2005 | Fin: 31/12/2008 Proxecto pechado

Fondos: Ministerio de Educación y Ciencia, Dirección General de Investigación

Programa de estruturación de unidades de investigación en Humanidades e Ciencias Sociais

Comezo: 01/01/2006 | Fin: 31/12/2008 Proxecto pechado

Fondos: Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Acción complementaria para a preparación da X Reunión Científica da Fundación Española de Historia Moderna 2008

Comezo: 01/01/2008 | Fin: 30/05/2008 Proxecto pechado

Fondos: Ministerio de Ciencia e Innovación, Secretaría de Estado de Universidades

“Mulleres, familia e patrimonio”

Comezo: 01/01/2006 | Fin: 31/03/2008 Proxecto pechado

Fondos: Ministerio de Educación e Ciencia

Arquitectura e cidade: a redefinición da Compostela oitocentista

Comezo: 04/06/2004 | Fin: 03/06/2007 Proxecto pechado

Fondos: Financiado polo Programa Xeral de Investigación de la Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.

Liñas de investigación

O Grupo Historia Moderna desprega a súa actividade atendendo a diferentes liñas de investigación:
  • Historia das sociedades rurais, das súas estruturas económicas e das políticas fiscais no Antigo Réxime, xunto con outros centros de interese como as prácticas agrícolas, a evolución da paisaxe agraria ou a pegada ecolóxica das actividades campesiñas.
  • Demografía histórica con especial interese pola historia da familia; a vellez e os procesos de avellentamento; a estrutura da poboación urbana; as migracións campo-cidade, a emigración laboral peninsular e transatlántica ou o exilio político.
  • Historia social co estudo do servizo doméstico rural e urbano, os fenómenos de mobilidade social, a análise das clases desfavorecidas, pero tamén das elites, cun especial interese pola historia familiar, o status e a reprodución social da nobreza; a aproximación de xénero ás realidades sociais, económicas e culturais; a interpretación de conflitos veciñais e metrolóxicos, ou a análise da vida cotiá.
  • Historia da cultura, con especial énfase nos procesos produción cultural, na difusión e comunicación escrita e verbal,  nos niveis de alfabetización e educación; a análise do comercio literario, a extensión da cultura letrada e o estudo das relacións entre cultura e poder.
  • Historia da Igrexa, con aproximacións sociolóxicas ao clero e ás redes parroquiais; ou á vida nos mosteiros e a súa relevancia económica, social e cultural.
  • Historia militar e da guerra, coa análise da evolución da organización militar, a composición social do exército ou o financiamento das accións bélicas.
  • Historia política con especial atención ás relacións internacionais, ás ideas políticas e á creación de imaxinarios e da opinión pública, a análise do exercicio do poder e a formación de elites.
  • Historia económica con centros de interese como a formación de dominios, a súa composición e xestión patrimonial, o funcionamento do sistema rendista, a análise do consumo e a comercialización, o estudo do funcionamento dos mercados de traballo urbanos ou a investigación do crédito e a circulación monetaria.