Ir ao contido principal

Investigación

Mentalidade e discursos propagandísticos nas sociedades de España e América durante os conflitos bélicos do século XVIII: Unha visión comparada

Comezo: 01/01/2004 | Fin: 31/12/2006 Proxecto pechado

Fondos: Centro de Estudios Hispánicos e Iberoamericanos. Fundación Carolina

Entre a Historia Agraria e a Historia Social: Producións e consumos en Galicia (séculos XIII-XX)

Comezo: 01/12/2002 | Fin: 30/11/2005 Proxecto pechado

Fondos: Ministerio de Educación y Ciencia

A cultura letrada no Noroeste peninsular na Idade Moderna: do oral ao escrito

Comezo: 28/12/2001 | Fin: 27/12/2004 Proxecto pechado

Fondos: Ministerio de Ciencia y Tecnología

“A fidalguía pacega: sociabilidade e cultura, séculos XVII-XIX”.

Comezo: 01/10/2001 | Fin: 01/10/2004 Proxecto pechado

Fondos: Xunta de Galicia

The socio-economic role of domestic service as a factor of European identity

Comezo: 01/09/2001 | Fin: 01/09/2004 Proxecto pechado

Fondos: European Commision Directorate Research

O papel socioeconómico do servizo doméstico como factor da identidade europea

Comezo: 01/09/2001 | Fin: 31/08/2004 Proxecto pechado

Fondos: Comisión Europea -Proyectos UE Progama Marco

Servizo doméstico e mercados de traballo na Galicia do Antigo Réxime, s. XVIII-XIX

Comezo: 14/08/2002 | Fin: 14/08/2004 Proxecto pechado

Fondos: Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Secretaría Xeral de Investigación da Xunta de Galicia

La fidalguía de los pazos: sociabilidad y cultura

Comezo: 01/07/2001 | Fin: 31/07/2004 Proxecto pechado

Fondos: Financiado pola Secretaría Xeral de Investigación de Desenvolmento da Xunta de Galicia

“Servicio Doméstico e traballo femenino. Modelos de movilidade xeográfica en España e Francia”.

Comezo: 01/10/2001 | Fin: 01/10/2003 Proxecto pechado

Fondos: Secretaría de Estado de Política Científica e Tecnolóxica-Dirección Xeral de Investigación do Ministerio de ciencia e Tecnoloxía

Liñas de investigación

O Grupo Historia Moderna desprega a súa actividade atendendo a diferentes liñas de investigación:
  • Historia das sociedades rurais, das súas estruturas económicas e das políticas fiscais no Antigo Réxime, xunto con outros centros de interese como as prácticas agrícolas, a evolución da paisaxe agraria ou a pegada ecolóxica das actividades campesiñas.
  • Demografía histórica con especial interese pola historia da familia; a vellez e os procesos de avellentamento; a estrutura da poboación urbana; as migracións campo-cidade, a emigración laboral peninsular e transatlántica ou o exilio político.
  • Historia social co estudo do servizo doméstico rural e urbano, os fenómenos de mobilidade social, a análise das clases desfavorecidas, pero tamén das elites, cun especial interese pola historia familiar, o status e a reprodución social da nobreza; a aproximación de xénero ás realidades sociais, económicas e culturais; a interpretación de conflitos veciñais e metrolóxicos, ou a análise da vida cotiá.
  • Historia da cultura, con especial énfase nos procesos produción cultural, na difusión e comunicación escrita e verbal,  nos niveis de alfabetización e educación; a análise do comercio literario, a extensión da cultura letrada e o estudo das relacións entre cultura e poder.
  • Historia da Igrexa, con aproximacións sociolóxicas ao clero e ás redes parroquiais; ou á vida nos mosteiros e a súa relevancia económica, social e cultural.
  • Historia militar e da guerra, coa análise da evolución da organización militar, a composición social do exército ou o financiamento das accións bélicas.
  • Historia política con especial atención ás relacións internacionais, ás ideas políticas e á creación de imaxinarios e da opinión pública, a análise do exercicio do poder e a formación de elites.
  • Historia económica con centros de interese como a formación de dominios, a súa composición e xestión patrimonial, o funcionamento do sistema rendista, a análise do consumo e a comercialización, o estudo do funcionamento dos mercados de traballo urbanos ou a investigación do crédito e a circulación monetaria.