Ir ao contido principal

Investigación

Catálogo e biblioteca dixital de relacións de sucesos en bibliotecas de Galicia e Portugal (s. XVI-XVIII)

Comezo: 01/01/1999 | Fin: 31/12/2001 Proxecto pechado

Fondos: Xunta de Galicia

O papel socio-económico das herdeiras na transmisión de bens e poderes familiares. Modelos franco-españois, ss. XVII-XX

Comezo: 01/01/2000 | Fin: 31/12/2001 Proxecto pechado

Fondos: Acción Integrada España/Francia financiada por el Ministerio de Educación y Cultura, Dirección General de Enseñanza Superior e Investigación Científica

Identidade das sociedades urbanas: modelos franco-españois de cidades e vilas de pequeno tamaño, ss. XVII-XX

Comezo: 01/01/2000 | Fin: 31/12/2000 Proxecto pechado

Fondos: Secretaría de Estado de Universidades, Dirección General de Enseñanza Superior del Ministerio de Educación y Cultura, Acción Especial del Programa Sectorial de Promoción General del Conocimiento

“Fiscalidade señorial, fiscalidade eclesiástica e fiscalidade real/estatal en Galicia, seculos XVI-XIX”.

Comezo: 31/07/1993 | Fin: 31/07/1999 Proxecto pechado

Fondos: Xunta de Galicia

“O funcionamento da economía campesiña e das economías rentistas en Galicia nos séculos XVI-XIX: a consolidación da pequena explotación”.

Comezo: 29/06/1993 | Fin: 28/06/1996 Proxecto pechado

Fondos: Ministerio de Educación e Ciencia

Liñas de investigación

O Grupo Historia Moderna desprega a súa actividade atendendo a diferentes liñas de investigación:
  • Historia das sociedades rurais, das súas estruturas económicas e das políticas fiscais no Antigo Réxime, xunto con outros centros de interese como as prácticas agrícolas, a evolución da paisaxe agraria ou a pegada ecolóxica das actividades campesiñas.
  • Demografía histórica con especial interese pola historia da familia; a vellez e os procesos de avellentamento; a estrutura da poboación urbana; as migracións campo-cidade, a emigración laboral peninsular e transatlántica ou o exilio político.
  • Historia social co estudo do servizo doméstico rural e urbano, os fenómenos de mobilidade social, a análise das clases desfavorecidas, pero tamén das elites, cun especial interese pola historia familiar, o status e a reprodución social da nobreza; a aproximación de xénero ás realidades sociais, económicas e culturais; a interpretación de conflitos veciñais e metrolóxicos, ou a análise da vida cotiá.
  • Historia da cultura, con especial énfase nos procesos produción cultural, na difusión e comunicación escrita e verbal,  nos niveis de alfabetización e educación; a análise do comercio literario, a extensión da cultura letrada e o estudo das relacións entre cultura e poder.
  • Historia da Igrexa, con aproximacións sociolóxicas ao clero e ás redes parroquiais; ou á vida nos mosteiros e a súa relevancia económica, social e cultural.
  • Historia militar e da guerra, coa análise da evolución da organización militar, a composición social do exército ou o financiamento das accións bélicas.
  • Historia política con especial atención ás relacións internacionais, ás ideas políticas e á creación de imaxinarios e da opinión pública, a análise do exercicio do poder e a formación de elites.
  • Historia económica con centros de interese como a formación de dominios, a súa composición e xestión patrimonial, o funcionamento do sistema rendista, a análise do consumo e a comercialización, o estudo do funcionamento dos mercados de traballo urbanos ou a investigación do crédito e a circulación monetaria.