Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Servizo doméstico e mercados de traballo na Galicia do Antigo Réxime, s. XVIII-XIX

Comezo: 14/08/2002 | Fin: 14/08/2004 Proxecto pechado

Fondos: Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Secretaría Xeral de Investigación da Xunta de Galicia

Referencia: PGIDIT02PXIA21001PR

Investigador/a responsable: Isidro Dubert

Liñas de investigación: Historia económica, Historia Rexional, Historia social

Proxecto da USC

Tendo en conta o sucedido co servizo doméstico no ámbito peninsular e continental tratamos, entre outras moitas cousas, de establecer en Galicia cal foi a consideración familiar e social dos serventes nas súas áreas xeográficas de procedencia; a natureza, funcións e características dos seus mercados de traballo no medio rural e urbano; o porqué e as implicacións sociodemográficas que se derivaban da súa marcha á cidade desde o mundo rural circundante; as peculiaridades que outorgaban ao mencionado servizo doméstico os mercados laborais urbanos; ou as posibilidades que estes ofrecían aos seus integrantes para promoverse e ascender socialmente.