Ir ao contido principal

Investigadores do GIHM participan no XIV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (Universidade do Minho, Braga, 19 abril 2024)

Varios membros do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) participan no XIV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, que se desenvolveu na xornada do 19 de abril de 2024 na Universidade do Minho, en Braga (Portugal), no ámbito do proxecto de investigación Españoles en Portugal (1715-1868): emigración laboral y exilios polí́ticos, Proyecto Nacional.     I+D+I (PID2021-123476NB-100). No mesmo, o profesor Camilo Fernández Cortizo e o profesor Domingo L. González Lopo coordinaron dous paneis. Panel 1. “Galegos en Portugal (1720-1936): Gañar a vida”, Camilo Fernández Cortizo (coord.). Panel 2. “Unha frontera dous mundos partillados. Intercambios culturais luso-galegos”, Domingo Luís González Lopo (coord.).

No panel 1, Camilo Fernández Cortizo, presentou a comunicación  “Galegos nas ciudades e vilas do norte de Portugal (1720-1860)”, mentres que no panel 2, fixéronno, Domingo L. González Lopo e Hortensio Sobrado Correa, coa comunicación “O patrimonio material da emigración: casa e decoración doméstica dos lisboanos na súa terra”, e Domingo L. González Lopo e José Ramón Pérez Salgado, coa comunicación “Intercambio de devocións, doazóns e afortalamento de identidade dos emigrantes galegos en Portugal (séculos XVIII-XIX)”.