Investigadores do GIHM paticipan nunhas xornadas científicas na UNAM (México)

Investigadores do GIHM da USC participarán en dous encontros científicos internacionais organizados pola UNAM. As primeiras xornadas, que terán lugar os días 8 e 9 de agosto de 2023, levan por título “Formas de migración e culturas urbanas nos mundos ibéricos” e están coordinadas polo profesor Gibrán Bautista e Lugo (IIH UNAM). A profesora Ofelia Rey Castelao intervirá o 8 de agosto ás 10 horas coa conferencia “Do campo ás cidades: formas de migración das mulleres a ambos lados do Atlántico”. Alex Valledor Aróstegui, pola súa banda, falará na súa ponencia sobre “A mobilidade da xente do mar do Norte da Coroa de Castela na Carreira de Indias”, o 9 de agosto ás 10:30 horas. Finalmente, Ana M. Sixto Barcia participa na última sesión do 9 de agosto, ás 12:30 horas, coa conferencia “Entre a rúa e o claustro: mobilidade das monxas entre o Vello e o Novo Mundo”. Os mencionados investigadores están desfrutando dunha estadía de investigación grazas ao proxecto Europeo Resistance (Ref. RISE 2017. Nº 778076. H2020-MSCA-RISE-2017).
Organizan e financian os proxectos:
-PAPIIT UNAM IN-403623 “Imperio e migración. Escalas da mobilidade humana nas capitais dos mundos ibéricos, 1580-1830″.
-Proxecto europeo RESISTANCE. Rebellion and Resistance in the Iberian Empires, 16th – 19th Centuries (H2020-MSCA-RISE-2017)
Máis información e programa: https://historicas.unam.mx/eventos/2023/coloquio_formas_migracion.html
Sesión I (día 08/08/23): https://www.youtube.com/watch?v=2-PJnSdi7VU
Sesión II (día 09/08/23): https://www.youtube.com/watch?v=rVsb0_vLBpw