Isidro Dubert e Antía Pérez-Caramés impartirán unha conferencia e participaran nunha palestra sobre a demografía galega organizada polo Ateneo de Santiago de Compostela
O profesor Isidro Dubert, membro do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) da USC, e a profesora Antía Pérez-Caramés, integrante do Equipo de Investigación Sociedades en Movemento (ESOMI) da Universidade da Coruña, impartirán unha conferencia titulada “A problemática real da demografía galega” no marco de actividades culturais organizadas polo Ateneo de Santiago de Compostela. No curso da mesma exporán as chaves históricas e sociolóxicas que contribuíron, e contribúen, á conformación do actual panorama demográfico da Galiza. A mencionada conferencia irá seguida dun debate cos asistentes. Estas actividades terán lugar na sé do Ateneo, situada na rúa do Vilar nº 19, o luns 18 de abril de 2022 ás 19:30 horas.
Para máis información: https://www.ateneodesantiago.gal/axenda/evento/2153/mesa-redonda-a-problematica-real-da-demografia-galega-con-antia-perez-carames-e-isidro-dubert