Isidro Dubert imparte un seminario especializado na EHESS de París

Isidro Dubert, catedrático de historia moderna na Facultade de Xeografía e Historia da USC, imparte como Director d’Études adscrito á École des Hautes Études en Sciences Sociales de París (E.H.E.S.S.), un seminario especializado que se desenvolve entre o 5 de novembro e o 6 de decembro de 2014 no marco dos programas de traballo do Centre des Recherches Historiques da E.H.E.S.S.: “Familles : alliances, transmission, reproduction sociale en milieu rural, XVIIIe-XXe siècle”, e “Histoire et économique et social des campagnes européennes, XVII-XXe siècles”. No curso do seminario abordará cuestións relativas á vellez e ó avellentamento poboacional, á ilexitimidade, ó clero secular e ó servizo doméstico da Galiza rural do Antigo Réxime.
No marco desta estadía, o profesor Isidro Dubert presidirá así mesmo unha das sesións de traballo correspondentes á Journée d’étude: Le travail doméstique dans l’Europe rurale, XVI-XIXe siècles. Diversité et modèles regionaux et des formes de dependanceu, que terá lugar o día 28 de novembro no CRH-EHESS de París, e que conta coa destacada presenza de especialistas europeos na materia.