Isidro Dubert, membro do GIHM, participará nos debates que terán lugar durante a Xornada: Galicia Baleirada

O 27 de setembro, en Viana do Bolo (Ourense), terá lugar a reunión “Galicia Baleirada”. A xornada contará coa presenza de membros de diferentes grupos de investigación das universidades de Santiago e Vigo. O encontro está organizada pola Rede REVOLTA (http://revolta.usc.gal/2019/09/13/a-galicia-baleirada-a-debate-o-27-de-setembro-en-viana-do-bolo/), co obxectivo de afondar nas orixes históricas e nas implicacións derivadas do despoboamento e do envellecemento de Galicia. Estes temas serán abordados dende diferentes perspectivas polos intervintes e serán sometidas a debate co público asistente. Un debate que constitúe un dos sinais de identidade da Rede REVOLTA e unha mostra do seu compromiso de achegar a sociedade e a universidade, xerando así espazos de intercambio de coñecemento.
Máis información: http://revolta.usc.gal/2019/09/13/a-galicia-baleirada-a-debate-o-27-de-setembro-en-viana-do-bolo/