Ir ao contido principal

Membros do GIHM participan nun encontro científico en Braga (Portugal)

Membros do GIHM van a participar no coloquio internacional Conflictividade familiar e conflictividade social na Península Ibérica (séculos XVI-XX) en Braga (Portugal), encontro coordinado pola Universidade do Minho, a Universidade de León, a Universidade de Valladolid, a Universidade de Cantabria e a Universidade de Santiago de Compostela. No mesmo, participan Ofelia Rey Castelao, Roberto J. López López, Ana M. Sixto Barcia, Pablo Vázquez Bello e Antonio González López, todos investigadores vinculados á USC, así como profesionais da historia doutras institucións peninsulares e portuguesas.

Esta actividade está vinculada aos proxectos de investigación: “Violencia, conflictividad y mecanismos de control en el Noroeste de la Penínsu-la Ibérica (siglos XVI-XIX)” (Ref. PID2021-124970NB-I00); “Mujeres, familia y sociedad. La construcción de la historia social desde la cultura jurídica (siglos XVI-XX)” (Ref. PID2020-117235GB-100); “Ciudades y villas del Noroeste Ibérico: gobernanza y resistencias en la Edad Moderna”(Ref. PID2021-124823NB-C21); “Conflictos y resistencias en la Corona de Castilla, siglos XVI-XIX” (Ref. RED2022- 134215-T); “CASTILLAE METRUM. Cartografía digital de los siste-mas metrológicos en la Castilla Moderna (Ref. PID2020-118939GA-I00), financiados pola Axencia Estatal de Investigación, Ministerio de Ciencia e Innovación do Goberno de España. Asemade, a iniciativa ten o apoio do Financiamento Plurianual do laboratório de Paisagens, Património e Território (Lab2PT), Ref.ª UID/04509/2020, financiado por fundos nacionais (PIDDAC) a través da FCT/MCTES.

Descargar adxunto