Mónica Fernández Armesto impartirá unha conferencia na UNLP (Arxentina)

A doutora Mónica Fernández Armesto, vinculada ao GIHM, impartirá unha conferencia na Universidade Nacional de La Plata (Arxentina), baixo o título “Xustiza e Xurisdición na Europa Moderna: Tribunais Especiais”. A mencionada reunión científica terá lugar o 23 de agosto de 2023, ás 16:00 horas (fuso horario arxentino) e está coordinada por Julián Carrera e Gastón García (UNLP). Todos os interesados poden seguir o encontro virtualmente a través de Zoom previa inscrición, enviando un correo electrónico a julianrace77@gmail.com ou a jggarciaunlp@gmail.com.