Ir ao contido principal

Mónica Fernández Armesto, investigadora la USC, realiza unha estadía de investigación en Arxentina

A doutora Mónica Fernández Armesto, investigadora posdoutoral da Universidade de Santiago de Compostela, realiza unha estancia de investigación e divulgación científica na Universidade Nacional da Prata (Arxentina). Esta experiencia está vinculada ao proxecto Resistencia Europea (Ref. RISE 2017. Nº 778076. H2020-MSCA-RISE-2017), centrado na divulgación e intercambio científico de grupos europeos e extraeuropeos baixo o lema da resistencia nos imperios hispánicos. Ademais de conferencias na UNLP, a investigadora vinculada ao GIHM participará en diversos encontros científicos na Universidade Nacional de Mar del Plata e no Instituto de Historia de España “Claudio Sánchez-Albornoz”.