Nova sesión do Seminario VICES: Violencia colectiva e protesta popular en España na UDC
O vindeiro xoves 17 de marzo ás 18:00 h. celebrarase a cuarta sesión do seminario permanente VICES: “Violencia colectiva e protesta popular en España”. O encontro terá lugar en formato virtual, a través de Zoom.
Esta sesión centrarase nunha conferencia do profesor Igor Pérez Tostado (Universidade Pablo Olavide de Sevilla), “Masacres e imperios na Idade Moderna: retos, riscos e novas vías de investigación”. Como moderador actuará Harald Braun (Universidade de Liverpool), membro do Proxecto VICES (PID2019-106182GB-I00): Violencia colectiva e protesta popular nas cidades españolas. A Guerra da Independencia.
Achégase cartel en formato descargable. Máis información: https://www.upo.es/investiga/globalhistory/proxima-ponencia-del-profesor-igor-perez-tostado-en-el-seminario-virtual-vices-el-17-de-marzo-a -las-1800-h-cet/