Nova sesión do XII SEMI (UC, 2022)

O vindeiro mércores 16 de febreiro, de 18.00 a 20.00 horas, terá lugar unha nova sesión do XII SEMI, Seminarios de Metodoloxía e Investigación en Historia Moderna, na Universidade de Cantabria. Nesta ocasión, o profesor Francisco GARCÍA GONZÁLEZ, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Castela-A Mancha, impartirá a conferencia “Modernalia e a difusión do coñecemento histórico”. O encontro poderá ser seguido a distancia por Microsoft Teams, previa inscrición por correo electrónico, escribindo a: truchues@unican.es ou torresm@unican.es .
Pode atopar a ligazon e o código QR de ingreso no arquivo adxunto descargable.