O Grupo de Investigación “Historia Moderna” terá representación no ABRE II (París, 2019)
A EHESS e a ABRE van celebrar unha reunión científica en París, na que se pretende debater sobre temas tan variados como as migracións a larga distancia, a pobreza e a súa asistencia, o avance do mundo urbano e as distintas representación culturais, así como a súa evolución no tempo. O congreso, coordinado pola Associação de Brasilianistas na Europa, pretende abrir unha ponte de diálogo entre especialistas europeos e americanos, de xeito que poidan compartir estudos e realidades nun espazo común. Neste senso, diferentes especialistas foron convidados a participar, entre os que se atopan Ofelia Rey Castelao e Rubén Castro Redondo, que falarán no panel B2 (coordinado por Gisele Sanglard, Fundación Oswaldo Cruz-Fiocruz), sobre a asistencia e a pobreza en Europa e América. Por outra banda, Ana M. Sixto Barcia, investigadora vinculada a USC, tamén participará no panel B6, coordinado pola doutora Marta Lobo de Araujo (Universidade do Minho).
Máis información: http://abre.eu/congresso-abre-ii-2019/