O profesor Hortensio Sobrado participa nun encontro sobre a Historia e Infancia na Universidade de Vigo (18/11/22)

O profesor Hortensio Sobrado Correa, membro do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) da USC, participa nas xornadas Historia e Infancia, organizadas pola Universidade de Vigo, o 18 de novembro de 2022. O especialista da USC impartirá a conferencia “Infancia e xuventude na Idade moderna”, que terá lugar ás 11:30 horas no Salón Emilia Pardo Bazán, Edificio Facultades (Campus de Ourense).