O profesor Isidro Dubert, membro do GIHM, participa no workshop “Les systèmes familiaux: de l’enquête empirique aux modèles?” celebrado na École Française d’Athènes os días 11-12 de outubro do 2021.

O catedrático de Historia Isidro Dubert García, director do GIHM, participa no mencionado workshop cunha ponencia titulada Le système familial en Galice (XVIIIe-XIXe siècles): essai de définition?, na que que se explican cales foron e como se relacionaron entre sí as distintas variábeis históricas que posibilitaron a existencia dun sistema familiar específico en Galicia durante boa parte do Antigo Réxime. O seu contraste cos modelos familiares existentes na península Ibérica e noutras partes de Europa constitúe unha parte salientábel da súa achega.
O encontro é o segundo workshop celebrado no marco do proxecto internacional Atlas numérique des système familiaux de l'Éurope du Sud, coordenado polo CNRS francés.